– Fununcan son Xan e Pi.

– Os discos e cancións orixinais de Fununcan están colgadas no Bandcamp e pódense descargar e difundir de boa fe. No YouTube colgamos polo Día das Letras cada ano versións de cancións noutras linguas traducidas ao galego.

– A imaxe do cabeceiro está tirada do libro A thousand dogs (Raymond Merritt & Miles Barth; Taschen, 2008); titúlase ‘Dog license amnesty. London, 1933’ (fotógrafo descoñecido). O resto das imaxes son de Fununcan, agás as que se acrediten doutro xeito.

– A páxina web está programada en WordPress sobre o tema wp-bootstrap, deseñado por 320press sobre Twitter Bootstrap. Inclúe os plugins Askimet, de Automattic, NextGEN Gallery, de Photocatri e Matomo para as analíticas. Todo aquelado por Pi.

 

 

Créditos